Temos que recoñocer que non fomos moi prolificos, na confeccion do noso blog. Pero a realidade e que os acontecementos que se esta a dar no noso arredor abrumannos de tal xeito que faisenos moi dificil escoller entre eles, de ahi que mais que indolentes fomos indecisos e o tempo montou sobor de nós e vemonos agora, no derradeiro momento, na obriga de dar unha breve explicacion do porque da nosa probe dedicación o noso blog.
Si temos en conta que esta non é nosa unica ocupación o longo de cada xornada, e as circunstancias personais de cada un dos dous compoñentes do equipo que impiden a reunion fisica que ayude ao aporte de ideas, que realmente sexan interesantes, para plasmar na paxina, poderemos ser algo condescendentes a hora de valorar o traballo deste blog. Tamén, e ben certo que poderia haber un pouquechiño mais de sacrificio po-la nosa parte, mais as ultimas novas arredor do tempo que ainda nos queda no mundo laboral (ca ampliacion da edade de traballo coa que nos quere "gratificar" o goberno) convidanos a levar a vida mais de vagar, tratando de evitar as prisas innecesarias. ¡temos tempo dabondo!.
Sirva, enton, esta declaración a modo de disculpa, que non de excusa, por non ter feito algo mais po-la diversidade de temas no noso blog.